Description
Presentamos nova colección de panetones do Quinteiro doce para este Nadal 2026. O segundo deseño para o noso panetone é PANO PORTUGUÉS de Lúa Gándara, unha interpretación da peza do vestir tradicional galego sobre lata metálica. A través da acuarela, a artista representa as composicións florais propias destes panos.
Dentro, os nosos panetones de chocolate e froitas a escoller.






